O partido

Veciñxs Independentes da Pobra (VIxP) somos un partido de ámbito local, nacido da necesidade de dar as veciñxs unha alternativa diferente ao xa existente.  Un grupo de veciñxs sen ningún contacto anterior coa política, concienciados e comprometidos co municipio, e preocupados polo rumbo que a política municipal estaba tomando no nosa vila, que levaba abandonando os servizos básicos ano tras ano.

A orixe de VIxP ten lugar cando veciñxs que votaron a distintos partidos cansáronse de ver que as cousas seguían igual, 13 persoas que nas municipais de 2019 votaron diferente chegaron a conclusión de que os problemas e carencias da Pobra non se solucionarían con ideoloxía ou cores políticos, senón coa necesidade de obter un partido que sexa exclusivo do municipio e non dependente de xefes e de Madrid ou Compostela.

Estes son os noso fins:

  • Ofrecer una xestión adecuada e realista dos recursos cos que conta o concello.
  • A protección da contorna natural do municipio.
  • A promoción dunha educación integral de calidade e unha oferta cultural variada e enriquecedora.
  • O aproveitamento das novas tecnoloxías e o acceso ás mesmas por parte dxs veciñxs.
  • Unha política baseada en feitos e realidades; non en promesas e propaganda.
  • O mantemento de canles permanentemente abertos cxs veciñxs e responsables municipais.
  • Transparencia na xestión municipal.
  • Reducción de gastos superfluos.
  • Defensa do comercio local.
  • Desenvolvemento de políticas para xóvenes e maiores do municipio.
  • Fomento das actividades deportivas e culturais do municipio.